CCOO- Ensino demandará na Comisión de Seguimento do Acordo de Interinxs unha solución ás excluidas e excluídos das oposición polos problemas xerados pola utilización da presentación telemática

Na Comisión de seguemento do acordo de internxs que se celebrará no día de mañá esixiremos á administración unha solución para o persoal que resultou excluído do proceso de inscrición nos procedementos selectivos deste ano, por mor da utilización dunha ferramenta novedosa, descoñecida para a meirande parte dos solicitantes e cunha ausencia de instruccións claras por parte da Consellería para o seu uso.

Así mesmo esixiremos que de no solucionar a Consellería a situación, esta continxencia non  supoña a non continuidade nas listas de interinidades para o persoal afectado