Desprezo da Consellería de Educación á negociación colectiva

A proposta de CCOO-ensino foi de calendarizar o pagamento dos 130€, en 65€ no 2018 e os outros 65€ no 2019.

A Consellería de Educación na mesa sectorial celebrada hoxe, 22 de maio, unha proposta de suba salarial de 50€, inadmisible para Comisións Obreiras.

O salario dos docentes da nosa comunidade atópase arredor de 40€ mensuais por debaixo da media retributiva do estado. Coa proposta da Consellería, situaríamonos na metade da táboa, moi lonxe por tanto de acadar o obxectivo da homologación e a situación relativa alcanzada nos acordos de 2003 e 2006.

A proposta de suba de 50€ é unha falta de respecto ás organizacións sindicais e polo tanto inasumible incluso como punto de partida. É máis, incumpre a promesa feita polo conselleiro, de situar aos docentes galegos como os mellor retribuídos do estado.

Na mesa sectorial que continuou pola tarde, a administración negouse a facer unha nova proposta máis acaída que permita unha negociación real da homologación. Esta posición da administración pareza abocar á ruptura da negociación e polo tanto prodúcese a apertura dun conflito no sector.

CCOO-Ensino lamenta que a CIG, nin sequera fixera uso da palabra na sesión da tarde, indicando a súa nula intención negociadora.

CCOO-ensino fai un chamamento á sensatez, á cordura e á boa fe negocial, para poder acadar un acordo que realmente nos sitúe na parte alta da táboa.