CCOO asina un acordo co que se recupera a negociación colectiva e se melloran os salarios das empregadas e empregados públicos

 

Co acordo asinado o 9 de marzo de 2018 recuperamos a negociación colectiva no sector público e damos cabo da situación que vimos arrastrando dende 2010 de imposición do Goberno de todo o referente a condicións salariais e laborais para as empregadas e empregados públicos. Oito anos sen negociación, oito anos de imposición, oito anos de perda retributiva. CCOO seguirá esixindo, mobilizándose e traballando para recuperar absolutamente todo o que nos arrebataron durante a crise. O asinamento deste acordo abrangue:

  • Suba salarial
  • Fondos adicionais para negociar nas comunidades autónomas
  • Posibilidade de negociar a xornada de traballo, o 100 % do salario en situación de IT e o desenvolvemento de plans de igualdade
  • Creación de emprego neto

O acordo supón un incremento fixo de 6,12 % en tres anos (1,75; 2,25 e 2 % en 2018, 2019 e 2020 respectivamente). Pero podemos acadar un 8,79 % se a economía segue a crecer e se cumpren os obxectivos de déficit. 

Incorpórase un 0,75 % de fondos adicionais que permitirán negociar en Galicia aspectos como a recuperación do 100 % do salario nos primeiros días de baixa por incapacidade temporal, fomento de plans de igualdade ou para outras situacións. 

CADRO COA SUBA SALARIAL POR ANO:

Fixo/ Evolución PIB

2018

2019

2020

Acumulado

FIXO 

1,75%

2,25%

2,00%

6,12%

PIB igual a 2,1%

1,75%

2,30%

2,20%

6,38%

PIB igual a 2,2%

1,75%

2,35%

2,40%

6,64%

PIB igual a 2,3%

1,75%

2,40%

2,60%

6,90%

PIB igual a 2,4%

1,75%

2,45%

2,80%

7,16%

PIB igual ou superior ao 3,1%/2,5%/2,5%

1,75%

2,50%

3,00%

7,42%

Fondos adicionais (0,20%/0,25%/0,30%)

1,95%

2,75%

3,30%

8,21%

Total anual mínimos (fixo+fondos adicionais)

1,95%

2,50%

2,30%

6,90%

0,55 adicional por cumprimento déficit 2020

-------

-------

3,85%

8,79%

TOTAL anual escenario máximos

1,95%

2,75%

3,85%

8,79%

Comparte o que pensas