PERMUTAS PROVISIONAIS

PERMUTAS PROVISIONAIS

A Orde de 17 de xuño de 2017 (DOG de 30 de xuño) regula as permutas provisionais de prazas do persoal docente, coa denominación de “intercambios provisionais”

 REQUISITOS 

Poderán solicitar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, funcionarias en prácticas ou interinas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que pertenzan ao mesmo corpo.
b) Que a praza corresponda a mesma especialidade. 
c) Que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso.
Porén, non poderá concedérselle ao profesorado que desempeñe o seu posto de traballo en réxime de comisión de servizos.

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E NOTIFICACIÓNS 

  • Só se pode presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal.
  • Se alguén a presenta será requirido para facelo na sede electrónica, contando os prazos desde que o faga por está vía.
  • Cada persoa que desexe permutar debe presentar unha solicitude na que deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza.
  • Todas as notificacións e resolucións serán por vía electrónica (conta de correo e/ou móbil que consten na solicitude). Tamén serán notificados das permutas os centros educativos. 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

Desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Consellaría da resolución definitiva de destinos provisionais e até o 2 de setembro de cada ano. Cando a publicación na web da resolución definitiva sexa posterior ao 2 de setembro, o prazo será de 4 días desde o día seguinte ao da publicación da dita resolución. 

 RESOLUCIÓN 

  1. A Consellaría, con carácter xeral, resolverá favorablemente as solicitudes de intercambio provisional de postos de traballo que non excedan de tres anos, e non causen graves prexuízos a terceiras persoas interesadas, entre os colectivos que se citan: 
  • Entre o persoal funcionario de carreira con destino definitivo. 
  • Entre o persoal funcionario con destino provisional 
  • Entre o persoal funcionario de carreira con destino definitivo e o persoal funcionario con destino provisional.

2.  As solicitudes de persoas que xa gozaron de tres anos de intercambio provisional das prazas de destino e aquelas que impliquen a máis de dúas persoas precisan ser informadas pola comisión de valoración, na que están presentes as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial.
A relación completa de intercambios de prazas publicarase no portal educativo da Consellaría de Educación. 

  TOMA DE POSESIÓN E VIXENCIA 

  • A toma de posesión será a que determine a Consellaría nas súas normas reguladoras de comezo de curso ou, se fose o caso, a da toma de posesión cando esta sexa distinta da anterior.
  • A vixencia será por un curso escolar, sen prexuízo das prórrogas que se poidan conceder. 
     

CONTACTO

  permutas.primaria@edu.xunta.es

 981 54 44 82, 981 54 54 40, 981 54 44 87

Comparte o que pensas