A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca mobilizacións para o día 8 de maio contra as avaliacións LOMCE

O goberno do PP segue a aplicar a LOMCE con impunidade e á marxe do sentir maioritario da comunidade educativa, como as reválidas previstas.

Sobran razóns para mobilizarse contra a LOMCE, mais a seguir recóllense as máis salientables:

 Os PXE do Estado para 2018 que se están a tramitar no Parlamento propoñen un investimento do 3,8 % do PIB para educación. Estamos ante nuns niveis de investimento como en 1992. Un novo recorte que afecta brutalmente á escola pública.

   A subcomisión parlamentaria carece de sentido, xa que está constituída unicamente por dous partidos e da dereita, PP e Cidadáns, polo que non poden acadar a maioría necesaria para aprobar as propostas. A saída do resto das forzas políticas condenou á inoperancia esta subcomisión.

  As probas de terceiro de educación primaria en Galicia volven ser censuais, aplicándose a todo o alumnado deste nivel coas nefastas consecuencias que disto poden derivar.

Ante esta situación, a Plataforma en  Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por CCOO-Ensino, FESP-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convida a toda a comunidade educativa a secundar as mobilizacións previstas para  o vindeiro día 8 de maio

HORA

LUGARES

19:30 H

OURENSE – Subdelegación do Goberno

PONTEVEDRA – Praza da Peregrina

VIGO – Porta do Sol, xunta o Sireno
 

20:00 H

A CORUÑA – Delegación do Goberno

20:30 HMONFORTE – Praza de España