Charlas na Universidade sobre as oposicións ao ensino

A campaña busca apoiar e animar o alumnado interesado en acceder ao ensino público, aproveitando o bo número de prazas convocadas ao abeiro do Acordo pola Mellora do Emprego Público asinado por CCOO.

As charlas informativas, que terán lugar en todos os campus galegos durante a vindeira semana, buscan explicar ao alumnado interesado o sistema de acceso á función pública docente, na que se produciron cambios recentemente coa modificación do Real decreto de acceso. Por outra banda, informarase sobre o Acordo pola Mellora do Emprego Público que CCOO asinou en Madrid e polo que se prevén amplas convocatorias de pposicións nos anos 2018, 2019 e 2020, unha oportunidade que CCOO anima a aproveitar.

Os responsables de CCOO-Ensino inaugurarán as charlas nos Campus de Santiago, A Coruña e Lugo o día 23, continuando o día 24 en Vigo, o 25 en Ourense e pechando en Pontevedra o día 26.

Comparte o que pensas