MESA SECTORIAL 10 DE ABRIL DE 2018

  1. Reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario ano 2016.
  • Valoramos positivamente o incremento do contía xeral nas axudas, pero consideramos que deberan actualizarse á alza.
  • Solicitamos preferencia absoluta para aqueles que nunca disfrutaron dunha axuda deste tipo.
  • Demandamos unha única quenda.
  • Consideramos que debera ser más amplo o criterio de emprego do diñeiro, celebramos que se inclúan as actividades relacionadas coa igualdade e convivencia e o fomento do ámbito STEM pero as outras actividades deberan estar en igualdade de condicións con estas.
  • Pedimos máis dotación para todos os tipos de actividades incluido nas actividades no estranxeiro o axuste en función do país e actividade.
  • Criticamos que a administración non teña buscado unha solución a problemática da retención destas actividades, nos entendemos que non deberan estar suxeitas ás mesmas. Para que dito reintegro fora considerado como dieta, en todo caso debera desglosarse a parte correspondente a dieta e desprazamento e así non considerar a totalidade da axuda como rendas do traballo.
  1. Programa PIALE (programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras).
  • Solicitamos que a Consellaría quen asuma directamente a organización e xestión de tal programa, evitando os gastos de contratación dun servizo que leva anos demostrando o seu mal funcionamento por parte das empresas adxudicatarias, tal e como ocorreu o ano pasado no programa de integración en Portugal.
  • Solicitamos que se abra esta modalidade de formación ao profesorado interino.
  • Solicitamos a inclusión de formación en idioma italiano.
  • Valoramos o incremento de prazas, pero entendemos que o esforzo hai que facelo en todos os idiomas.
  • Pedimos o incremento de prazas para profesorado de FP e ensinanzas de réxime especial.
  • Solicitamos a creación dun itinerario específico para o profesorado das Escolas de Idiomas.
  • Esiximos a convocatoria de modalidades nas que non se esixa o requisito lingüístico.
  • Demandamos que se defina onde e quen vai facer as probas ao profesorado non especialista.
  • Solicitamos criterios obxectivos para a acumulación das prazas non cubertas a outras modalidades.
  1. Licenzas de formación:
  • Esiximos a convocatoria de licenzas para rematar estudos universitarios ou a ampliación dos mesmos.
  • Eliminación da puntuación por cargo como subdirector ou xefe de servizo en cargos da Administración educativa.
  • Solicitamos a inclusión do persoal dos equipos de orientación específicos.
  • Solicitamos que non se exclúan ao profesorado que ten unha comisión de servizo por concelleiro.
  • Demandamos que se inclúa a posibilidade de elaboración de materiais para Bacharelato, e ensinanzas de réxime especial.
  • Demandamos que nas modalidades 1 e 2 non nos parece acaída, debese valorar o proxecto segundo a súa importancia e carácter innovador e non establecendo prelación polo tipo de materia.
  • Solicitamos que na modalidade 5 non se debe limitar o tipo de perfil dos cursos a deseñar.
  • Na modalidade de perfeccionamento no exterior, a duración debería ser de 3 meses.
  • Esiximos a recuperación das licenzas semestrais, anuais así como as non retribuídas.
  • En canto ao baremo solicitamos:
    • Menor peso ao proxecto de traballo
    • Maior concreción aos criterios de valoración dos proxectos
    • Eliminación da obrigatoriedade de acadar o 40% da puntuación nas liñas de valoración do proxecto.
  1. Rogos e preguntas
  • DEMANDAMOS:
    • Activación da cláusula do acordo de homologación retributiva de 2003 e apertura de negociacións para a equiparación salarial do persoal docente de Galicia.
    • Inclusión no anexo da orde de oposicións para o acceso ás listas de interinidades, das seguintes titulacións: 
      • Fisioterapia para procedementos sanitarios e asistenciais
      • Diplomatura ou Grao en relacións laborais, diplomatura en Graduado social e Grao en Turismo para procesos comerciais.
    • Modificación da lista de interinos de inglés para que as prazas nas EOI sexan de aceptación voluntaria.
    • Que a modificación feita na parte práctica dos procedementos selectivos (posibilidade de dous supostos prácticos só nos corpos de secundaria), sexa efectiva tamén para os mestres e criticamos que a modificación se fixera sen ter pasado por mesa sectorial.
    • A solución dos problemas que está a xerar a aplicación para participar nas selección de direccións dos centros públicos.