MANIFESTO POLA RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO
Recuperemos os nosos horarios lectivos, coa intención de mellorar a calidade do ensino público. Facelo é de xustiza. Conseguilo vai ser o noso obxectivo. Aplicalo será unha clara mellora para todas e todos nós como docentes mais para o ensino público en xeral. É hora de que a Consellaría de Educación escoite a nosa voz, a voz dun profesorado unido para defender os nosos dereitos e o ensino público galego. Precisamos de todas e cada un.
POLO ENSINO PÚBLICO
POLOS DEREITOS DO PROFESORADO
POLA RECUPERACIÓN DO NOSO HORARIO LECTIVO
O 12 DE DECEMBRO TODAS, TODOS E TODES Á FOLGA!!!
Resumo e documentasción da xuntanza mantida pola ANECA cos sindicatos máis representativos.
Resumos da Mesa Sectorial de Docentes do martes 3 de decembro coa seguinte Orde do Día:
Decreto Oferta de Emprego Público 2020. ver valoración CCOO
Rogos e Suxestións. ver intervención CCOO
Prazo de presentación de solicitudes: do 26 de novembro ao 17 de decembro
O sindicato nacionalista forzou o comezo das negociacións, malia estar pendente de publicación o convenio estatal, participou activamente nelas e apoiou o acordo previo, pero desmarcouse do asinamento final.
Tras as mobilizacións do profesorado galego o pasado 21 de novembro e calada por resposta da consellería ás súas reivindicacións, CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con representación no ensino público chaman ao profesorado galego a secundar a folga convocada para o vindeiro 12 de decembro e a acudir á manifestación convocada en Compostela ese día ás 12 horas.
NON QUEREMOS TRABALLAR MENOS, QUEREMOS TRABALLAR MELLOR!!
RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO, XA!!!
SON HORAS, SON DEREITOS
ver XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN
Prazo de Solicitudes : ata o 24 de decembro
ver CONVOCATORIA CORPO ADMINISTRATIVO ADMON. XERAL GALICIA SUBGRUPO C1
ver CONVOCATORIA CORPO ADMINISTRATIVO ADMON. XERAL GALICIA SUBGRUPO C2
ver CONVOCATORIA CONSOLIDACIÓN INGRESO CATEGORÍA 001 GRUPO IV PERSOAL LABORAL
ver CONVOCATORIA CONSOLIDACIÓN INGRESO CATEGORÍAS 002 E 062 GRUPO III PERSOAL LABORAL
CCOO neste 25 N, reitera o seu rotundo e total rexeitamento ás violencias contra as mulleres, a expresión máis dramática e cruel das desigualdades materiais e culturais que persisten, dirixidas a atacar a liberdade, a seguridade, a autonomía das mulleres e a mantelas nunha inxusta situación de inferioridade.
CCOO denuncia o continuo agravamento dos factores estruturais, que son o caldo de cultivo das violencias machistas: a feminización da pobreza, o desemprego e a precariedade laboral, xunto á ausencia dunha política de educación para a igualdade e a corresponsabilidade, e a insuficiencia de políticas activas de igualdade e de recursos suficientes e proporcionados para a prevención, protección e atención ás vítimas. Todos eles, factores que contribúen a aumentar as situacións de exposición ao risco, vulnerabilidade e dependencia de moitas mulleres.