InfórmaTE sobre a Xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos do 17 de marzo de 2023 (PSEC)
Toda a información da mesa sectorial do 22 de marzo de 2023
Publicado Real Decreto polo que se modifican as condicións de formación inicial do profesorado de centros privados para ESO e Bacharelato
Convocatoria para a elección de destino provisional para as persoas que superaron o proceso selectivo de persoal subalterno
Convocado curso de prevención de riscos laborais de nivel básico
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos, empresarios/as e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Inscrición na páxina da EGAP.
A patronal do ensino concertado bloquea o asinamento das táboas salariais para 2022 e 2023
A patronal do ensino concertado bloqueou o asinamento das táboas salariais para 2022 e 2023. Na reunión da Mesa Negociadora, para 2022, as organizacións patronais propoñen non asinar ningún incremento para o PAS nin para o resto do persoal de niveis non concertados. Para 2023, rexeitan incrementar o 2,5 % en pagamento delegado ata que o Ministerio de Facenda informe por escrito de que asume o 0,5 % das cotizacións. Tampouco fixeron ningunha proposta sobre o SMI e a súa aplicación en 2023, a pesar de térmola solicitado.
A patronal non aceptou nada do exposto polas organizacións sindicais e a reunión rematou sen acordo. As organizacións sindicais imos iniciar unha campaña informativa ás persoas traballadoras e iremos tomando as decisións máis adecuadas para conseguir o xusto obxectivo que formulamos: que todas as persoas traballadoras teñen un incremento salarial equivalente ao experimentado polos módulos dos concertos e unha solución para a aplicación do SMI.
Toda a información, no documento en PDF.
Convocada mesa sectorial para o 22 de marzo de 2023
[Actualización do 16/03/2023 10:50]
Nova documentación:
[Actualización do 15/03/2023 20:28]
Nova documentación:
Borrador da orde de modificación da orde do CADP
Borrador da orde para o concurso de traslados específico de orientación
Anexo I para o concurso de orientación
Anexo IV para o concurso de orientación
Documentación asociada:
Borrador da orde para a acreditación da competencia dixital docente
Borrador da orde para o concurso de méritos para directores e directoras